Conta Isabel Fernández que na idea de usar o cartón para falar da situación actual de acceso á vivenda tiraron de varios fíos. Por un lado están as arquitecturas efémeras, desde o refuxio que constrúe quen vive na rúa ata a Village en Carton proxectada en 1968 por Guy Rottier como cidade temporal para os membros da contracultura hippie da época. Tamén as arquitecturas de emerxencias, empregadas en países como Xapón para dar acubillo en caso de catástrofes naturais.
- GALEGO
- CASTELLANO
- ENGLISH


