Tres días dedicados ao pan, aos seus creadores e aos seus consumidores. Isto é Con moita miga, evento que terá lugar os días 26 e 27 de xaneiro de 2014 e que reunirá no Centro de Innovación Cultural da Cidade da Cultura aos maiores expertos no mundo da auga, fariña e levadura. Previamente, e baixo invitación, o vindeiro xoves 23 de xaneiro terá lugar a Noite branca do pan, na que os profesionais da comunicación coñecerán os obradoiros dalgunhas das zonas de tradición panadeira máis importantes de Galicia.
- GALEGO
- CASTELLANO
- ENGLISH

