Blog

 
Santiago de Compostela, 10 de Agosto de 2022

Anthony Dunne e Fiona Raby, a través da súa serie "Deseños para un planeta superpoboado: os Recadadores (2009)", chaman a atención sobre problemas globais como a escaseza de alimentos deseñando hipotéticas próteses para dixerir algas, raíces ou follas, que "externalicen" mecanismos gastrointestinais humanos. Con estes obxectos de apariencia a un tempo inofensiva e desacougante interpélannos sobre as implicacións sociais, culturais e éticas das tecnoloxías emerxentes.

Comentarios0
Letras & Pensamento
Santiago de Compostela, 31 de Marzo de 2022

A Residencia COMTECART de creación dixital remata esta fin de semana no Gaiás logo dun mes de intenso traballo no que nove estudantes da Universidade de Vigo traballaron de maneira conxunta no deseño dunha nova proposta de videoxogo inspirado na novela Arnoia, Arnoia, de Xosé Luís Méndez Ferrín.

Comentarios0

Páxinas