A maxia do lusco e fusco agárdate de novo esta fin de semana. A praza da Cidade da Cultura converterase no escenario perfecto para gozar das anoitecidas de verán nunha contorna privilexiada ao ritmo da mellor música e dunha suxerente proposta poética.
Hoxe xoves, 11 de agosto, DJ Ino, respectado no mundo clubbing e considerado un “mago das mesturas imposibles”, fará as delicias dos amantes da música electrónica. Afincado na Coruña, DJ Ino é o fundador do selo discográfico House Café Music e integrante do colectivo neoiorquino “Funky Soul Rebels”.