A Consellería de Sanidade escolleu a Cidade da Cultura como un dos punto de vacinación contra a covid-19. Desde o pasado 6 de abril, a Sala Einsenman está a ser o espazo onde se convocan ás persoas que deben vacinarse. As novas convocatorias son para os días 23, 27 e 28 de abril. As persoas que teñan que acudir a esta cita deben ter en conta que deben facer uso das entradas/aparcamentos 1 e 2 do complexo Gaiás, que lles facilita a chegada directa ao punto da vacinación.
- GALEGO
- CASTELLANO
- ENGLISH