Las miradas del Isaac joven

Na retina colectiva gardamos a imaxe dun Díaz Pardo xa maior, cunha mirada entrañable e afable, que contribuiu a acrecentar o afecto e a admiración que espertou sempre a súa figura.
 
Mais a xestación deste personaxe clave na historia de Galicia parte xa desde o berce, como fillo do prestixioso artista gráfico, Camilo Díaz Baliño con quen traballa desde moi novo no seu obradoiro de Compostela participando na campaña e no deseño de carteis ao favor do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936 con tan só 16 anos, herdando do seu proxenitor a defensa dunha arte humanista e emancipadora.
 
De aí que recuperemos nestas fotografías —ao igual que tamén o fai a exposición As miradas de Isaac na Cidade de Cultura— ese Isaac novo, quen xa desde ben mozo mira o mundo con firmeza e seguridade, preludiando o que anos despois levou a Eduardo Blanco-Amor a cualificalo de "xigante comprimido" polo seu inesgotable traballo a prol da defensa dos valores máis auténticos de Galicia, aos que se entregou sen descanso ao longo da súa fértil existencia.
 
Vinde descubrir todas as súas miradas/facianas a partir do 6 de novembro no Museo Centro Gaiás
Exposiciones & Intervenciones
Santiago de Compostela, 30 de Octubre de 2020