Visitar las exposiciones del Museo Centro Gaiás: algunas claves

Vas visitar as exposicións do Museo Centro Gaiás? Aquí che deixamos algunha información práctica

A entrada a todas as exposicións é libre e de balde. Non hai que reservar praza previamente, polo que podes visitalas ao teu aire! Ademais, abren todos os días menos os luns, e o horario de visita é ininterrompido de 10 a 20h.

➖ Por mor da covid-19, a capacidade do Museo está ao 50% da habitual, polo que en momentos puntuais o acceso ás salas pode estar limitado.

➖ Se podes, acude fóra das horas de máis afluencia para reducir os tempos de agarda. Cedo pola mañá adoita haber menos visitantes e non pechamos á hora do xantar!

Se queres unha experiencia máis completa, podes apuntarte ás visitas comentadas co noso equipo de guías, pero para iso si que tes que reservar! Cada xoves abrimos novas quendas para a seguinte semana: son grupos reducidos de 4 persoas, polo que hai que bulir que as prazas voan!

Antes de vir, podes consultar en liña toda a información das exposicións e descargar o folleto dixital para completar a túa visita:

  • «Faraón. Rei de Exipto», un percorrido pola historia do Antigo Exipto a través da colección do British Museum, da man da Fundación "la Caixa" 
  • «Os brancos segredos do seu ventre», con obras escolleitas da colección de #artecontemporánea da Fundación RAC, coa cor como fío condutor 
  • «As miradas de Isaac», unha viaxe pola polifacética traxectoria e inesgotable talento creativo de Díaz Pardo 

Ademais, na tenda do Museo podes facerte cos catálogos das exposicións «Faraón. Rei de Exipto» e «As miradas de Isaac», mentres que o de «Os brancos segredos do seu ventre» estará dispoñible proximamente.

Santiago de Compostela, 17 de Abril de 2021