Ven al Gaiás | 7 motivos hechos exposición

 
Temos moitos máis, pero esta fin de semana dámosche sete motivos feitos exposicións para achegarte á Cidade da Cultura de Galicia a:

  1. Admirar en As miradas de Isaac a inesgostable creatividade dunha figura irrepetible da cultura galega como foi Díaz Pardo bit.ly/AsmiradasdeIsaac
  2.  Constatar canto supuxo para a Galicia que hoxe coñecemos as achegas renovadoras e internacionalistas da xeración Nós en Galicia, de Nós a nós bit.ly/Galicia_de_Nós_a_nós
  3.  Viaxar a filmes inesquecibles que conseguen unir a cativada de diferentes xeracións en Cinema e emocións bit.ly/CinemaeEmocións
  4.  Reflexionar en A distancia da imaxe sobre a experiencia do Camiño a través das testemuñas sonoras e visuais dos propios peregrinos e peregrinas bit.ly/Adistanciadaimaxe
  5.  Descubrir novos e emerxentes talentos galegos en arte urbana como o grafitti grazas ao escaparate que supón Xuventude Crea 20  bit.ly/ExposicionXuventudeCrea20_Graffiti
  6.  Recoñecer os fitos valentes e ateigados de sororidade desas mulleres pioneiras que loitaron pola igualdade como Concepción Areal nada hai xa 200 anos bit.ly/ConcepciónArenal
  7.  Abraiarte en Pobre Asunción! sobre o machismo e a normalización de violencia contra as mulleres en medios de comunicación, sentenzas xudiciais ou literatura nun percorrido a un pasado non tan afastado bit.ly/PobreAsunción

 
Máis información desta programación e de toda a actual na Cidade da Cultura (Museo Centro Gaiás, Torres Hejduk e Biblioteca e Arquivo de Galicia) en cidadedacultura.gal/gl

Exposiciones & Intervenciones
Santiago de Compostela, 12 de Diciembre de 2020