I Xornadas de Literatura alemá actual. Espazos de convivencia: voces, identidades e historias na literatura alemá contemporánea

A Asociación Galega de Xermanistas (AGX) presenta este sábado 28 de febreiro a primeira edición dunha serie de xornadas sobre a literatura alemá actual na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

Estas xornadas están dedicadas a unha cuestión de plena actualidade e de gran relevancia social: a redefinición dos espazos de convivencia. Trátase dun tema central non só na investigación da literatura en lingua alemá, senón tamén no conxunto das ciencias humanísticas, estreitamente ligado ás transformacións das sociedades contemporáneas derivadas de fenómenos como o cambio climático, as migracións, a globalización, os conflitos bélicos ou o desenvolvemento da intelixencia artificial.

As xornadas propoñen unha reflexión compartida sobre como a literatura actual en lingua alemá representa a convivencia en todas as súas dimensións —social, cultural, histórica e emocional—, entendida como un espazo de encontro entre voces, linguas e experiencias. Desde perspectivas diversas, as escritoras e os escritores contemporáneos ofrecen unha mirada privilexiada para pensar o presente europeo, a memoria, a identidade, a pertenenza e as novas formas de relación dos seres humanos coa contorna natural.

A través de dúas sesións (de 10:00 a 13:45 e de 16:00 a 18:30), o programa abrirá co relatorio inaugural de Montserrat Bascoy Lamelas (UAH), que ofrecerá unha panorámica das tendencias actuais na literatura alemá contemporánea. A mesa da mañá reunirá a Rosa M. Gómez Pato (USC), quen analizará o cómic en lingua alemá producido por autores e autoras migrantes e posmigrantes como espazo de narración plural e de convivencia; a Olga Hinojosa Picón (US), que se centrará na literatura posmigrante a partir das novelas de Sasha M. Salzmann, destacando a súa aposta por unha sociedade transcultural e inclusiva; e a Irina Ursachi (UAH), que abordará a literatura alemá translingüe escrita por autores e autoras nadas en Rumanía, con especial atención á novela Die nicht sterben de Dana Grigorcea e as relacións entre memoria, territorio e vulnerabilidade.

Pola tarde, a mesa contará coas intervencións de Jaime Feijóo (USC), dedicada á obra de Jenny Erpenbeck e a súa revisión crítica da historia alemá a través de espazos simbólicos e identidades múltiples, e de Carme Bescansa Leirós (UPV), que analizará a novela distópica Die Optimierer de Theresa Hannig desde o posthumanismo crítico, reflexionando sobre a tecnificación, a optimización social e a vulnerabilidade como refuxio de valores humanitarios. As xornadas pecharán cunha mesa redonda, moderada por Sara Pardo Prado (UAH), baixo o título: ¿Por qué ler literatura alemá hoxe?, que propón un espazo de diálogo compartido sobre a relevancia cultural e social da literatura alemá contemporánea no contexto europeo actual.

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
27, 28 Feb e 1 Mar
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h