Xogar é medrar e tamén aprender. O xogo é a linguaxe coa que as nenas e nenos descobren o mundo e, sobre todas as cousas, é diversión!
En marzo chega Gaiás en xogo: unha xornada lúdica e familiar que converte a Cidade da Cultura nun gran espazo onde non existe o aburrimento. Coa curiosidade como guía e a experimentación como ferramenta, convidámosvos a probar seis propostas diferentes pensadas para tocar, construír, imaxinar, investigar e transformar.
Desde instalacións sensoriais e arquitecturas inchables ata obradoiros de creación, xogos tradicionais e espazos de experimentación artística. Un convite a descubrir, sorprenderse e compartir, para converter cada experiencia nunha aventura gozosa!
|
A GORIDA DOS SENTIDOS Almofadas que falan, que roncan, que rin e cantan. Un lugar onde agocharse e, desde o acubillo, observar un mundo feito de niños de aves xigantes, camiños poboados de cores, músicas e ruídos estraños. Acceso de balde con con inscrición. Preme AQUÍ para consultar quendas e reservar |
|
![]() |
PLAYSCAPE DELUXE Pódese crear un castelo de aventuras con grandes pelotas inchables e moito fío de cores? Poderase saltar sobre el? A resposta é SI! Descubre esta instalación de 70 m2 creada pola artista belga Cathy Bertel para o goce dos miúdos e miúdas. Acceso libre por quendas ata completar capacidade. Consulta AQUÍ máis información |
|
BINOMIOS FANTÁSTICOS Na era do dixital, unha homenaxe ao analóxico: un lugar para xogar cos materiais e os conceptos, onde as mans miúdas exploran libremente e a imaxinación voa. Acceso de balde con inscrición. Preme AQUÍ para consultar quendas e reservar |
|
![]() |
CONSTRUÍR CON AIRE Pódese vivir dentro dunha nube? Nesta proposta para miniarquitectos e miniarquitectas aprenderemos a construír con aire! Acceso de balde con inscrición. Preme AQUÍ para consultar quendas e reservar |
![]() |
EMPAQUETADOS Un laboratorio para construír, experimentar e transformar o espazo mediante o xogo e a intervención colectiva. Acceso libre. Consulta AQUÍ máis información |
|
XOGOS TRADICIONAIS O xogo como lugar de encontro, memoria e diversión colectiva. Vinde pór a proba, en familia, a vosa destreza e capacidade de cooperación! Acceso libre. Consulta AQUÍ máis información |
Dereito fundamental da infancia
Gaiás en xogo nace como unha proposta que reivindica o xogo como dereito fundamental e ferramenta educativa de primeiro nivel, que aposta por respectar os ritmos da infancia, favorecer a exploración libre e estimular aprendizaxes significativas, desenvolvendo a motricidade, percepción, pensamento crítico, expresión simbólica e relación coa contorna.




















