«Ás veces está ben perderse» | Laboratorio de creación escénica inclusiva – ENFORMA

Ás veces está ben perderse é un laboratorio de creación escénica dirixido a corporalidades disidentes, pensado como espazo de investigación, xogo e creación a partir do propio corpo e da identidade de cada participante. Desenvolverase os días 27 e 28 de febreiro en tres sesións conducidas Magda Labarga no Espazo REGA 2 da Cidade da Cultura.

Esta formación, gratuita, está dirixida a artistas con e sen discapacidade, persoas xordas, estudantes e profesionais do teatro, da danza e performers, e propón afastarse dun teatro psicolóxico tradicional para explorar novas linguaxes escénicas nas que o corpo, o espazo e a percepción se converten en materiais centrais do proceso creativo, xerando un espazo común de aprendizaxe accesible, inclusivo e colaborativo. As inscricións poden realizarse a través deste formulario en liña ata o 20 de febreiro de 2026

O laboratorio nace do desexo de traballar xunto a artistas con diversidade funcional, persoas xordas e corpos non normativos, e está directamente vinculado á creación do espectáculo Somos os monstros, coprodución de Berrobambán xunto ás compañías portuguesas Comédias do Minho e o Centro Dramático Galego, a partir do texto de Paula Carballeira.

Será impartido por Magda Labarga, narradora oral, directora e autora cunha ampla traxectoria en procesos de creación escénica inclusiva, tanto a nivel estatal como internacional. O seu traballo desenvolveuse en colaboración con institucións como o Centro Dramático Galego, o Institu del Teatre de Barcelona ou a AECID, sendo una referencia no ámbito da escena social e da diversidade funcional.

Escenas ENFORMA

Esta actividade encádrase en ENFORMA, un programa formativo da Cidade da Cultura e do Centro Dramático Galego que se desenvolve no Gaiás co obxectivo de aproveitar as instalación da Cidade da Cultura como espazo de aprendizaxe, encontró e experimentación nas artes escénicas. A singularidade e versatilidade dos espazos permite acoller propostas formativas de natureza diversa, favorecendo condición óptimas para o traballo escénico, técnico e pedagóxico.
ENFORMA ten como obxectivo capacitar e fortalecer o sector escénico galego, dotándoo de novas ferramentas, coñecementos e perspectivas ao tempo que busca expendir as marxes da creación.