Pequefilmes 2026 | Obradoiros

Este ano, a cativada poderá converterse en cineastas por un día con dous obradoiros para deixar voar a imaxinación. Por unha banda, contaremos co obradoiro de cinema e teatro de sombras chinesas impartido por Iria Fafián. Tamén haberá unha proposta da man de Belén Veleiro para descubrir e experimentar co primeiro dispositivo que existiu no cinema de animación, o zootropo, e que os nenos e nenas poidan crear a súa propia película.

Obradoiro de cinema de sombras

VEN 27 ás 17:45h e as 19:00h | SAB 28  ás 11:00h, 12:15h, 13:30h,16:30h, 17:45h e 19:00h | DOM 1 ás 11:00h, 12:15h e 13:30h

Neste obradoiro, a cativada poderá experimentar co cinema e teatro de sombras chinesas. Adaptarán un conto breve a partir dun texto guionizado previamente, traballando en grupo aspectos como:

  • O deseño e construción de personaxes e escenarios
  • A preparación das caixas de luz para crear a contorna
  • Ensaios de animación e de dobraxe
  • Gravación dos planos

Rematado o obradoiro farase a montaxe de imaxe e son.

Obradoiro 'Xirar para animar: creación dun zoótropo'

VEN 27 ás 17:45h e as 19:00h | SAB 28  ás 11:00h, 12:15h, 13:30h,16:30h, 17:45h e 19:00h | DOM 1 ás 11:00h, 12:15h e 13:30h

Sabías que antes do cine xa existían debuxos que se movían? Neste obradoiro a cativada descubrirá un dos primeiros dispositivos do cine de animación: o
zoótropo. A partir dunha secuencia de 12 fotogramas, deseñaremos unha pequena animación que cobrará vida ao xirar o dispositivo.

Os nenos e nenas traballarán o debuxo secuencial, o ritmo e a continuidade, entendendo como a animación existía antes do cine tal e como o coñecemos hoxe. E ao rematar poderán levalo para a casa! Unha experiencia creativa para debuxar, experimentar e ver como as  ilustracións comezan a moverse!

 

 
En familia
 
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas