O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a exposición Da árbore á cadeira como unha homenaxe á tradición da madeira en Galicia, que serve para recoñecer as implicacións dunha actividade que fala do que temos e do que somos.
Román Rodríguez destacou na presentación da Memoria de actividades de cultura da Xunta de Galicia 2016 que durante o pasado ano Galicia avanzou na internacionalización da nosa cultura e patrimonio, con fitos como a Feira do Libro de Bos Aires ou o Womex16; no ámbito da integración das novas tecnoloxías nos arquivos e bibliotecas de Galicia e na renovación do noso marco legal no eido do patrimonio cultural.
Trinta dos máis importantes arquitectos e deseñadores galegos réndenlle unha homenaxe á madeira na nova mostra da Cidade da Cultura: Da árbore á cadeira, que abre as súas portas este venres, 7 de abril. A nova mostra do Gaiás explora a relación do home cos bosques e ofrece un percorrido polo deseño do moble contemporáneo galego.
O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou esta tarde en ‘Cidade creativa’, o mercado da creación diferente co que a Cidade da Cultura de Galicia, en colaboración con 7HCoop, pon en valor os proxectos emprendedores que se están a desenvolver no Gaiás. Ao longo de toda a xornada, un total de 50 artistas puideron visibilizar os seus traballos a través dunha pequena feira de artesanía e produto, exhibicións e intercambio de coñecementos en vivo.
O Consello da Xunta vén de dar o visto e prace á II Fase do Bosque de Galicia, que suporá a ampliación en dez hectáreas e 4.500 árbores de especies autóctonas da superficie verde creada nas ladeiras do Gaiás, ao redor da Cidade da Cultura de Galicia.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 196
- 197
- 198
- 199
- 200
- 201
- 202
- 203
- 204
- …
- seguinte ›
- última »




