Sala de prensa

 
Santiago, 09 de Decembro de 2016

O secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, apoiou na cidade arxentina de Córdoba o primeiro Encontro de Artistas Novos ‘Cidade da Cultura de Galicia’ que se celebra no país americano. Co obxectivo de reforzar os lazos culturais con Galicia, o Ministerio de Cultura da República de Arxentina, en colaboración coa Consellería de Cultura e Educación da Xunta e co apoio da Municipalidade de Córdoba, importou este modelo de xuntanza de creadores emerxentes que ten lugar no Gaiás cada mes de setembro desde 2011.

Santiago, 02 de Decembro de 2016
Nadal no Gaiás 2016

A Cidade da Cultura pon en marcha do 23 de decembro ao 4 de xaneiro un Nadal no Gaiás moi musical para gozar toda a familia. Teatro, baile, obradoiros e o tradicional concurso de postais completan a oferta para estas datas na Cidade da Cultura.

Santiago, 19 de Novembro de 2016

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria inaugurou esta tarde no Museo Centro Gaiás a exposición Camilo José Cela 1916-2016. O centenario dun Nobel. Un libro e toda a soidade, a mostra máis ambiciosa realizada ata o momento sobre Cela e un dos actos centrais do programa preparado para conmemorar os cen anos do seu nacemento en Iria Flavia (Padrón).

Santiago, 17 de Novembro de 2016

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebrará os 150 anos do nacemento de Valle-Inclán nunha última sesión de Nexos, o ciclo de cultura contemporánea da Cidade da Cultura, que terá lugar o vindeiro 17 de decembro na Biblioteca e Arquivo de Galicia.

Santiago, 16 de Novembro de 2016

A Cidade da Cultura recibíu esta tarde unha visita dun grupo de profesionais de grupos de comunicación, produtoras e empresas do mundo do cine e da televisión interesados en coñecer os diferentes espazos arquitectónicos do Gaiás para valoralos como localizacións de futuras producións audiovisuais.

Páxinas