Sala de prensa

 
Santiago, 17 de Xaneiro de 2017
Cuerdas

Cuerdas de Pedro Solís e a galega Einstein-Rosen, de Olga Osorio foron as curtametraxes favoritas do público que participou esta fin de semana na Cidade da Cultura na primeira edición do PequeFilmes, Festival de Cine Infantil de Galicia.

Santiago, 11 de Xaneiro de 2017

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebrará o vindeiro 24 de xaneiro no Gaiás unha xornada na que profundar na figura, o legado e a posta en valor do patrimonio literario e iconográfico de Cela. No marco da exposición CJC 1916-2016. O centenario dun Nobel.

Santiago, 30 de Decembro de 2016
PequeFilmes

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebra a fin de semana do 14 e 15 de xaneiro na Cidade da Cultura, o festival infantil de curtas PequeFilmes, dirixido a rapaces de entre 5 e 12 anos. Un total de 40 curtametraxes proxectaranse durante estes dous días no Museo Centro Gaiás, no que tamén se levarán a cabo unha serie de obradoiros formativos cos que os cativos descubrirán de primeira man o funcionamento do cine de animación.

Santiago, 20 de Decembro de 2016

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, inaugurou esta mañá no Gaiás a última mostra do ano organizada polo Arquivo de Galicia, ‘Paisaxe e patrimonio: unha visión do territorio a través do Arquivo de Galicia’.

Santiago, 19 de Decembro de 2016

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria despediu hoxe o ciclo de cultura contemporánea da Cidade da Cultura Nexos cunha sesión dedicada a Valle-Inclán no seu 150 aniversario.

Páxinas