O Arquivo de Galicia pon en valor o labor pioneiro da deseñadora galega María Moreira a través da exposición Mulleres sobranceiras. A mostra documental, que se pode visitar desde hoxe na Cidade da Cultura, foi presentada esta mañá pola secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e pola directora-xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo, co gallo do Día Internacional da Muller.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou este mediodía o valor histórico e cultural dos máis de 600 libros do fondo documental do Banco Gallego que, desde hoxe, estarán á disposición de todos os galegos no Arquivo de Galicia.
A Consellería de Cultura e Educación daralle a benvida á primavera o vindeiro 25 de marzo cunha xornada lúdica nos espazos verdes do Gaiás. Ao longo de todo o día, o Bosque de Galicia, o Xardín Literario e o Parque do Lago da Cidade da Cultura acollerán un amplo programa de actividades que inclúe música, obradoiros, roteiros e ata unha carreira lúdica na que gozar ao aire libre en familia.
A Cidade da Cultura de Galicia acaba de asinar un novo convenio de colaboración coa Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) da provincia da Coruña para impulsar o emprendemento no Gaiás. Actividades formativas, de asesoramento e que buscan favorecer o punto de encontro entre emprendedores e empresarios serán os tres eixes nos que AJE e a Cidade da Cultura traballarán ao longo deste 2017 no Centro de Emprendemento de Galicia (CEM).
A Cidade da Cultura de Galicia, en colaboración con 7HCoop, acollerá o vindeiro 7 de marzo a iniciativa Cidade Creativa, un gran networking de emprendedores creativos. Ao longo de todo o día, un total de 50 artistas darán a coñecer os seus traballos a través dunha pequena feira de artesanía e produto, exhibicións e intercambio de coñecementos en vivo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 198
- 199
- 200
- 201
- 202
- 203
- 204
- 205
- 206
- …
- seguinte ›
- última »




