Trinta dos máis importantes arquitectos e deseñadores galegos réndenlle unha homenaxe á madeira na nova mostra da Cidade da Cultura: Da árbore á cadeira, que abre as súas portas este venres, 7 de abril. A nova mostra do Gaiás explora a relación do home cos bosques e ofrece un percorrido polo deseño do moble contemporáneo galego.
O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou esta tarde en ‘Cidade creativa’, o mercado da creación diferente co que a Cidade da Cultura de Galicia, en colaboración con 7HCoop, pon en valor os proxectos emprendedores que se están a desenvolver no Gaiás. Ao longo de toda a xornada, un total de 50 artistas puideron visibilizar os seus traballos a través dunha pequena feira de artesanía e produto, exhibicións e intercambio de coñecementos en vivo.
O Consello da Xunta vén de dar o visto e prace á II Fase do Bosque de Galicia, que suporá a ampliación en dez hectáreas e 4.500 árbores de especies autóctonas da superficie verde creada nas ladeiras do Gaiás, ao redor da Cidade da Cultura de Galicia.
O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia vén de recibir os mobles fabricados en exclusiva e doados polo grupo empresarial galego Cándido Hermida como colaborador da exposición Da árbore a cadeira, mostra que se inaugurará o 7 de abril no Gaiás e na que se explora a relación do home cos bosques e se ofrece un percorrido polo deseño do moble en Galicia con pezas aportadas por trinta dos mellores arquitectos e deseñadores galegos.
Seiscentas persoas celebraron esta mañá a chegada da primavera na Cidade da Cultura de Galicia participando na Holi Gaiás, unha carreira lúdica, non competitiva, con música e unha explosión de po de cores para gozar dunha actividade festiva ao aire libre.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 193
- 194
- 195
- 196
- 197
- 198
- 199
- 200
- 201
- …
- seguinte ›
- última »




