Sala de prensa

 
Santiago, 29 de Marzo de 2017

O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia vén de recibir os mobles fabricados en exclusiva e doados polo grupo empresarial galego Cándido Hermida como colaborador da exposición Da árbore a cadeira, mostra que se inaugurará o 7 de abril no Gaiás e na que se explora a relación do home cos bosques e se ofrece un percorrido polo deseño do moble en Galicia con pezas aportadas por trinta dos mellores arquitectos e deseñadores galegos.

Santiago, 27 de Marzo de 2017
Holi Gaiás

Seiscentas persoas celebraron esta mañá a chegada da primavera na Cidade da Cultura de Galicia participando na Holi Gaiás, unha carreira lúdica, non competitiva, con música e unha explosión de po de cores para gozar dunha actividade festiva ao aire libre.

Santiago, 24 de Marzo de 2017

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, renovou onte o compromiso co deporte galego e coa alta competición e anunciou unha partida de 500.000 euros para recoñecer os méritos dos deportistas galegos de alto nivel acadados nos anos 2015 e 2016. Durante a recepción aos campións galegos en competicións internacionais, Feijóo destacou o esforzo, o sacrificio e a entrega de todos eles, valores que, segundo aseverou, “convértenos nunha representación de todo o que os galegos somos e do que todos os galegos aspiramos a conseguir”.

Santiago, 21 de Marzo de 2017
Holi Gaiás

Entradas esgotadas para a Holi Gaiás, a divertida carreira lúdica que terá lugar este sábado, 25 de marzo, na Cidade da Cultura.

Nun percorrido de 5 quilómetros polo complexo deseñado por Peter Eisenman, a Holi Gaiás permitirá descubrir e gozar da Cidade da Cultura nun ambiente festivo que lembrará o popular festival de primavera celebrado tradicionalmente na India, Guyana e Nepal, no que se festexa a chegada da nova estación cunha explosión de cores.

Santiago, 20 de Marzo de 2017
A liña Hejduk

Unha intervención da artista Irma Álvarez-Laviada (Xixón,1978) inaugurada o xoves á tarde na Cidade da Cultura de Galicia fai visible a terceira Torre Hejduk a través dunha instalación lumínica. Neste proxecto, titulado A liña Hejduk, a creadora emprega liñas de led para debuxar o contorno do espazo baleiro entre as dúas torres construídas.

Páxinas