A partires de hoxe quedou aberta ao público a exposición Balnearia Bibliográfica. Un percorrido polas augas minerais de Galicia que pode visitarse na Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura, ata o vindeiro 31 de xullo.
A Cidade da Cultura será este ano a meta da Carreira Camiño das Letras, promovida por Xurdir coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación. A literatura e a lingua galegas únense nesta iniciativa á práctica deportiva e mais á ruta xacobea para celebrar o 17 de maio, que a Real Academia Galega lle dedica este ano ao escritor Carlos Casares.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebra o vindeiro 29 de abril no Museo Centro Gaiás o Día da Danza cunha actividade familiar na que descubrir os bailes tradicionais.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, inaugurou hoxe na sede do Instituto Cervantes de París a exposición José Suárez.
Representantes de diversas institucións, asociacións e colectivos da cidade de Santiago de Compostela participaron esta mañá nun percorrido a pé entre a praza do Obradoiro e a Cidade da Cultura. Este itinerario, que atravesa puntos de alto interese turístico da capital galega, partiu do casco histórico –Patrimonio da Humanidade– para descender polo barrio do Sar e achegarse á Cidade da Cultura a través do Bosque de Galicia, a nova área verde nas ladeiras do monte Gaiás onde están a medrar doce mil árbores de especies autóctonas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 195
- 196
- 197
- 198
- 199
- 200
- 201
- 202
- 203
- …
- seguinte ›
- última »




