A Biblioteca e o Arquivo de Galicia acaban de incorporar ao seu patrimonio documental e bibliográfico os fondos históricos doados por Manuel Banet López de Rego e por Alena Dobrkovska Kubickova. Trátase de dous mapas do século de XVII, do Reino de Galicia e mais de Bohemia, xunto cun singular exemplar da ‘Biblia’ do século XVI, escrito en castelán, e mais o incunable El libro de las propiedades de las cosas, datado do ano 1494.
O xurado do programa ‘Connecting for Good Galicia’ vén de seleccionar seis proxectos emprendedores de innovación social para formar parte da primeira edición do programa impulsado pola Fundación Vodafone España en colaboración con Vodafone e a Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega) e a Consellería de Economía, Empleo e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).
Tras o proceso de confirmación-renuncia á praza dos creadores seleccionados para particpar no Encontro de Artistas Novos-Córdoba, e seguindo as bases desta convocatoria, esta é a lista definitiva de artistas que participarán do 5 ao 9 de decembro no encontro de Arxentina:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Fundación Cidade da Cultura e da Fundación Camilo José Cela, inaugurará o 18 de novembro no Museo Centro Gaiás a exposición máis ambiciosa realizada ata o momento sobre Cela, no que será o acto central do programa preparado para conmemorar os cen anos do seu nacemento en Iria-Flavia.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dá a coñecer o nome dos quince creadores españois seleccionados para participar no Encontro de Artistas Novos “Cidade da Cultura” de Arxentina, que terá lugar do 5 ao 9 de decembro na cidade de Córdoba.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 200
- 201
- 202
- 203
- 204
- 205
- 206
- 207
- 208
- …
- seguinte ›
- última »




