A Fundación Cidade da Cultura dá a coñecer o nome dos corenta creadores seleccionados para participar no VI Encontro de Artistas Novos, que terá lugar do 28 de agosto ao 1 de setembro no Gaiás (consultar .pdf de descarga). O equipo dirixido por Rafael Doctor, director do EAN, destacou a calidade dos proxectos presentados para esta sexta edición, que recibiu un total de 246 solicitudes.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, inaugurou no Gaiás a exposición Rostros do país, o novo traballo do recoñecido fotoxornalista galego Xurxo Lobato co que indaga na identidade galega. O conselleiro convidou a todos os galegos a visitar a mostra e ‘ler’ “a historia escrita en cada rostro”, a “indagar na nosa identidade e a reflexionar sobre aquilo que nos caracteriza como pobo cun lugar de seu na historia".
O cine ao aire libre chega por primeira vez á praza central da Cidade da Cultura da man de Atardecer no Gaiás, o ciclo de concertos e cine ao aire libre co que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria lle pon banda sonora aos solpores do verán.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convida a descubrir o patrimonio artístico e natural de Compostela ao tempo que se adquiren hábitos de vida saudables a través de Camiño ao Gaiás, roteiro guiado que ten lugar todos os xoves do verán ata o 8 de setembro.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon en marcha todos os martes de xullo no Gaiás un laboratorio creativo co que estimular as aptitudes artísticas dos máis pequenos a través de Deseños minúsculos, valores maiúsculos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 202
- 203
- 204
- 205
- 206
- 207
- 208
- 209
- 210
- …
- seguinte ›
- última »




