A Xunta de Galicia, patrocinador principal da 13ª edición de Culturgal en Pontevedra, centra as presentacións da última xornada da feira na programación das novidades da Cidade da Cultura para a tempada de outono-inverno e nas estratexias do Centro Dramático Galego (CDG) fronte á covid-19.
A Xunta de Galicia renova para 2021 o seu festival de inverno, de teatro, danza e arte en acción na Cidade da Cultura, Escenas do cambio, concentrando nunha fin de semana longa de febreiro −desde o xoves 18 ao domingo 21− un total de 11 propostas escénicas procedentes de cinco países: España, Portugal, Francia, Reino Unido e Xapón.
O secretario xeral de Educación e Formación Profesional da Xunta, José Luis Mira, chamou a atención esta mañá sobre a innovación que se está a desenvolver desde os centros de ensino galegos, presentando como exemplo os proxectos maker dos 14 centros de primaria, secundaria e formación profesional que se presentan hoxe na xornada educativa da Maker Faire Galicia 2020.
A Xunta de Galicia expón no Hall de tirantes do Museo Gaiás da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, as dez obras finalistas da especialidade de graffiti do programa Xuventude Crea 2020. A mostra destes murais estará aberta ao público ata o vindeiro 21 de decembro, en horario de 10:00 ás 20:00 horas de luns a domingo.
A Xunta de Galicia ofrecerá na Cidade da Cultura a representación de Golpes, un monólogo teatral contra a violencia machista producida pola compañía galega aAntena e que está interpretado pola actriz Estíbaliz Veiga. A peza escenificarase no Museo Centro Gaiás o vindeiro martes, día 24 de novembro, ás 20 horas con entrada de balde, previa retirada de convite desde hoxe mesmo en ataquilla.com.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 96
- 97
- 98
- 99
- 100
- 101
- 102
- 103
- 104
- …
- seguinte ›
- última »




