A VI Maker Faire Galicia, unha das feiras maker máis importantes de Europa, desenvolverase este ano 100% online e contará por primeira vez cunha xornada destinada en exclusiva á educación. O novo formato permitirá que esta sexta edición da feira de innovación se poida seguir deste todo o mundo, o que fará posible fortalecer os valores diferenciais da cita no referido ao coñecemento compartido e ao seu carácter interactivo.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou hoxe os valores e principios da Xeración Nós, que permanece fiel a un galeguismo de concordia e onde se atopan as orixes culturais “da Galicia que somos”.
“A Xeración Nós percorre a nosa cultura, a retrata e a rescata”, dixo, lembrando que, a partir dese fito que marca aquela congregación de talento e empuxe, a cultura galega ten un lugar relevante e imprescindible na sinfonía das grandes culturas do mundo.
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, visitou hoxe na Cidade da Cultura Memoria dunha década, a mostra impulsada pola Xunta no marco do décimo aniversario do Arquivo de Galicia. Trátase dunha exposición que fai un percorrido polo traballo desta entidade desde a súa creación, no ano 2010, e que se pode contemplar ata o vindeiro 16 de outubro no Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia.
O Museo Centro Gaiás comezou xa a recibir as primeiras das arredor de 300 obras que comporán a exposición Galicia, de Nós a nós, a máis completa e ambiciosa mostra realizada ata o de agora sobre a Xeración Nós e proxecto central da programación que a Xunta de Galicia desenvolve con motivo do centenario da publicación da revista que lle dou nome –que se conmemora este outono–.
A Cidade da Cultura de Galicia afonda hoxe sobre o contexto actual na música, nas artes e na vangarda das industrias culturais no seu conxunto a través do encontro WOS Talks x Fest Galicia: Futuro_Presente, a única actividade que o WOS Festival celebra este ano debido á situación sanitaria provocada pola covid-19. O evento ten un formato híbrido, podendo seguirse tanto de xeito presencial no Gaiás –cumprindo con todas as medidas de distancia social e protección– como en liña.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 100
- 101
- 102
- 103
- 104
- 105
- 106
- 107
- 108
- …
- seguinte ›
- última »




