Sala de prensa

 
Santiago, 19 de Outubro de 2020

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, avanzou esta mañá que o Fontán, o edificio que completará o proxecto da Cidade da Cultura de Galicia, estará rematado na primavera de 2021.

Santiago, 09 de Outubro de 2020

A Xunta de Galicia converterá a Cidade da Cultura nun efémero cinema de outono para proxectar as tardes dos domingos 18 e 25 de outubro e 1 e 8 de novembro un pequeno ciclo familiar cos filmes Inside out, Le Havre, Ma vie de courgette e

Santiago, 08 de Outubro de 2020

A Cidade da Cultura celebrará os sábados 24 e 31 de outubro e 14 de novembro os seus Magostos no Gaiás, amenizados cada un deles coa música de raíz de Luar na lubre, de jazz contemporáneo de Sumrrá e cos inconfundibles sons de folk celta de Milladoiro.

Santiago, 07 de Outubro de 2020

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe na Biblioteca de Galicia a exposición Concepción Arenal: Bicentenario 1820-2020, unha mostra coa que a Xunta de Galicia rende homenaxe a esta autora e que reúne varias das súas primeiras composicións, incluídas as reproducións dalgunha das súas cartas, como a que custodia a Biblioteca do Mosteiro de Poio.

Santiago, 07 de Outubro de 2020

O I Congreso Internacional de Teatro Galego celébrase desde hoxe ata o sábado 10 de outubro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Baixo o lema co lema “Co 2030 no horizonte”, o congreso pretende, entre outros obxectivos, crear un plan estratéxico e unha lei do teatro na próxima década.

Páxinas