Sala de prensa

 
Santiago, 03 de Novembro de 2020

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, inauguraron hoxe na Biblioteca de Galicia a mostra Pobre Asunción!: a violencia de xénero na prensa, coa que a Xunta de Galicia repasa a evolución do tratamento da violencia de xénero na historia a partir de parte dos fondos que custodia a Cidade da Cultura, así como a partir de documentos literarios e arquivísticos.

Santiago, 30 de Outubro de 2020

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, presentaron hoxe a dixitalización da revista Nós, que supoñen un paso adiante na difusión nacional e internacional da publicación ao converter en formato libro electrónico a totalidade dos exemplares e ao poñer en marcha unha nova web que recolle todo o universo Nós, coincidindo co centenario do primeiro número da revista.

Santiago, 29 de Outubro de 2020

O Museo Centro Gaiás leva as súas exposicións ás aulas grazas a un programa –pioneiro en Galicia– de visitas didácticas realizadas a través de videoconferencia. A iniciativa ofrece así aos centros de ensino unha alternativa ás saídas escolares programadas, nun momento no que estas se viron limitadas polas actuais medidas de contención da pandemia da covid-19.

Santiago, 27 de Outubro de 2020

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, vén de premiar un proxecto que, a modo de instalación artística efémera, converterá nun faro as icónicas Torres Hejduk da Cidade da Cultura. Nunha alegoría da travesía persoal que os peregrinos afrontan no seu camiño a Compostela, esta proposta creativa fai tamén unha chiscadela ao Camiño marítimo.

Santiago, 25 de Outubro de 2020

A Cidade da Cultura de Galicia bota a andar hoxe a celebración dos Magostos no Gaiás co concerto de Luar na lubre, ao que asistirá o secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo.

Páxinas