A Cidade da Cultura de Galicia está a ofrecer este sábado un obradoiro de balde de pandeireta co músico Xabier Díaz, galardoado este ano xunto ás Adufeiras de Salitre co Premio Martín Códax da Música 2020 na categoría Tradicional. Trátase dun dos profesionais máis prestixiosos da música de raíz de Galicia, recoñecido tamén polo seu rigoroso traballo de investigación e recuperación.
A Xunta de Galicia convida as familias a gozar do 18 de decembro ao 6 de xaneiro dun Nadal no Gaiás na que unha xigante árbore interactiva, Stellae, será a gran protagonista destas festas na Cidade da Cultura: xa que van ser as e os propios visitantes, a través dos seus dispositivos móbiles, os que decidan como iluminala e as composicións musicais que emanen dela.
A Xunta de Galicia, patrocinador principal da 13ª edición de Culturgal en Pontevedra, centra as presentacións da última xornada da feira na programación das novidades da Cidade da Cultura para a tempada de outono-inverno e nas estratexias do Centro Dramático Galego (CDG) fronte á covid-19.
A Xunta de Galicia renova para 2021 o seu festival de inverno, de teatro, danza e arte en acción na Cidade da Cultura, Escenas do cambio, concentrando nunha fin de semana longa de febreiro −desde o xoves 18 ao domingo 21− un total de 11 propostas escénicas procedentes de cinco países: España, Portugal, Francia, Reino Unido e Xapón.
O secretario xeral de Educación e Formación Profesional da Xunta, José Luis Mira, chamou a atención esta mañá sobre a innovación que se está a desenvolver desde os centros de ensino galegos, presentando como exemplo os proxectos maker dos 14 centros de primaria, secundaria e formación profesional que se presentan hoxe na xornada educativa da Maker Faire Galicia 2020.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 93
- 94
- 95
- 96
- 97
- 98
- 99
- 100
- 101
- …
- seguinte ›
- última »




