A Cidade da Cultura de Galicia continúa hoxe coa súa programación de Nadal e ofrecerá ás 18,00 horas no Museo Centro Gaiás un conto musicado da man da premiada narradora oral Soledad Felloza, acompañada polo cuarteto de cordas Ensemble ConcertArt. Todos os convites están xa esgotados, mais a actuación poderá seguirse por streaming a través da canle de Youtube e páxina web da Cidade da Cultura.
A Cidade da Cultura de Galicia festexou esta tarde con Cantos de Reis o seu primeiro concerto da programación de Nadal para o que contou con Xesús Vaamonde e Xosé Lois Romero, dous músicos que están a recuperar composicións e instrumentos tradicionais.
A Cidade da Cultura de Galicia celebrará en xaneiro de 2021 unha nova edición do festival infantil de curtametraxes Pequefilmes, que estende a súa programación a catro xornadas, en dúas fins de semana consecutivas. Así, o 23, 24, 30 e 31 de xaneiro o Gaiás proxectará unha escolma de curtas especialmente seleccionadas para a cativada, moitas delas premiadas nos festivais de cinema infantil, xuvenil e de animación máis importantes do mundo .
A Xunta de Galicia convida as familias a visitar a Cidade da Cultura durante o Nadal para gozar dunha ampla oferta cultural que inclúe tres concertos para toda a familia que poderán verse de balde ao vivo e tamén a través de streaming. A programación complétase coas seis exposicións e intervencións artísticas que agora mesmo poden visitarse no Museo Centro Gaiás, a Biblioteca de Galicia e as Torres Hejduk –contando con visitas comentadas gratuítas– e coa iluminación festiva de todo o complexo, coa Vía Láctea como eixo condutor.
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe na Biblioteca de Galicia a exposición Lugín en Compostela, 150 anos do seu nacemento unha mostra coa que a Xunta de Galicia rende homenaxe ao autor da célebre novela La Casa de la Troya a través dun percorrido histórico sobre o impacto desta publicación e os vínculos do xornalista coa cidade de Santiago de Compostela.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 97
- 98
- 99
- 100
- 101
- 102
- 103
- 104
- 105
- …
- seguinte ›
- última »




