O Museo Centro Gaiás leva as súas exposicións ás aulas grazas a un programa –pioneiro en Galicia– de visitas didácticas realizadas a través de videoconferencia. A iniciativa ofrece así aos centros de ensino unha alternativa ás saídas escolares programadas, nun momento no que estas se viron limitadas polas actuais medidas de contención da pandemia da covid-19.
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, vén de premiar un proxecto que, a modo de instalación artística efémera, converterá nun faro as icónicas Torres Hejduk da Cidade da Cultura. Nunha alegoría da travesía persoal que os peregrinos afrontan no seu camiño a Compostela, esta proposta creativa fai tamén unha chiscadela ao Camiño marítimo.
A Cidade da Cultura de Galicia bota a andar hoxe a celebración dos Magostos no Gaiás co concerto de Luar na lubre, ao que asistirá o secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo.
O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura transfórmase este novembro no espazo virtual que acollerá a Maker Faire Galicia, que na súa sexta edición estrea un novo formato totalmente en liña. O encontro volverá ser un grande escaparate para a creatividade e o enxeño, pensado para todos os públicos, ao que neste ano atípico se accederá de maneira remota desde calquera punto do planeta.
A Cidade da Cultura de Galicia ofrecerá o sábado 7 de novembro un obradoiro de balde de pandeireta co prestixioso músico Xabier Díaz, dentro da programación de actividades dos Magostos no Gaiás 2020, que nesta edición celebraranse coas actuacións de Luar na lubre, Sumrrá e Milladoiro o 24 e 31 de outubro e o 14 de novembro, respectivamente.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 98
- 99
- 100
- 101
- 102
- 103
- 104
- 105
- 106
- …
- seguinte ›
- última »




