Atardecer no Gaiás, o ciclo de concertos do verán da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura, pecha a edición deste ano con dous concertos que dan conta da súa aposta pola visibilidade de músicas diversas e anovadoras e pola atención á escena musical galega.
A Cidade da Cultura de Galicia acollerá do 3 ao 4 de setembro a celebración do encontro Mulleres e Cultura Urbana, un evento impulsado por 7H Cooperativa Cultural co apoio do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22 que procura fomentar o intercambio de experiencias, a creatividade colectiva e o espírito crítico na abordaxe das desigualdades de xénero no sector.
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, deulles esta mañá a benvida aos 40 creadores e creadoras que participan na undécima edición do Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura de Galicia, EAN11. Co obxectivo de apoiar a arte emerxente e promover a creación contemporánea, o Encontro ofrece a oportunidade de participar nunha estancia de catro días no Gaiás, durante a que compartir experiencias e procesos creativos e aprender de artistas consolidados como Abel Azcona, Marina Vargas, Eugenio Merino ou Eva Díez, que participan como relatores nesta edición.
A exposición Faraón. Rei de Exipto, froito da colaboración entre a Xunta de Galicia, a Fundación ”la Caixa” e o British Museum no marco do Xacobeo 21-22, despediuse o domingo da Cidade da Cultura tras congregar 76.367 visitantes desde que abrira as súas portas o pasado mes de marzo. Convértese así na mostra máis concorrida da historia do Museo Centro Gaiás, tanto en números absolutos como en media diaria –cifra que se situou nos 621 visitantes mensuais–.
A exposición Faraón. Rei de Exipto pecha as súas portas este domingo 15 de agosto na Cidade da Cultura, onde continúa a congregar diariamente a centos de persoas visitantes para gozaren desta escolma de pezas procedentes das coleccións do British Museum, que poden verse no Gaiás froito da colaboración entre a Xunta de Galicia, a Fundación ”la Caixa” e o propio museo británico, no marco do Xacobeo 21-22.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 72
- 73
- 74
- 75
- 76
- 77
- 78
- 79
- 80
- …
- seguinte ›
- última »




