A Xunta de Galicia e Afundación levan a Vigo As miradas de Isaac, a primeira grande exposición da Xunta de Galicia en homenaxe a Díaz Pardo despois do seu falecemento, en xaneiro de 2012.
A Cidade da Cultura despide este domingo a exposición Os brancos segredos do seu ventre, formada por unha selección de 53 obras dos valiosos fondos da Fundación Rosón de Arte Contemporánea (Rac).
A Cidade da Cultura acolleu esta fin de semana o encontro Mulleres e Cultura Urbana, un evento impulsado por 7H Cooperativa Cultural co apoio do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22 que procura fomentar o intercambio de experiencias, a creatividade colectiva e o espírito crítico na abordaxe das desigualdades de xénero no sector.
Camiño Escena Norte, programa de intercambio cultural con Asturias, Cantabria e País Vasco, regresa por terceiro ano consecutivo a Galicia, onde conta co financiamento da Xunta para levar a cabo a súa programación de teatro e danza. O vindeiro 12 de setembro arranca esta nova edición que, baixo o lema Volver camiñar, percorrerá o Camiño do Norte ata o 10 de outubro para ofrecer nove funcións en Arzúa, Lugo, Melide, Mondoñedo, Ribadeo, Santiago de Compostela, Sobrado e Vilalba.
A Biblioteca de Galicia reinicia en setembro a programación coa que celebra o seu décimo aniversario. Esta semana volve poñer en marcha o ciclo 10 anos, 10 autores, 10 libros, deseñado co obxectivo de que algunhas das nosas voces narradoras máis representativas compartan co público as súas suxestións literarias. A primeira cita será este venres 3 ás 19,00 horas coa autora Final Casalderrey.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 76
- 77
- 78
- 79
- 80
- 81
- 82
- 83
- 84
- …
- seguinte ›
- última »




