Sala de prensa

 
Santiago, 03 de Agosto de 2021

A Cidade da Cultura acollerá o vindeiro 4 de setembro a segunda edición da Delas Jam, un encontro de improvisación pictórica promovido pola 7H Cooperativa Cultural co apoio da Xunta de Galicia a través do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22.

Santiago, 31 de Xullo de 2021

O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura convértese en 2021 nunha das sedes das Residencias Charco, unha iniciativa de intercambio artístico que busca afondar na conexión cultural entre España e Latinoamérica. Do 1 de xullo ao 6 de outubro, dúas artistas mexicanas e outras dúas galegas conectan creativamente as dúas beiras do Atlántico no desenvolvemento de catro propostas artísticas entre Galicia e México.

Santiago, 28 de Xullo de 2021
Jay-Jay Johanson e Caamaño & Ameixeiras en Atardecer no Gaiás

Atardecer no Gaiás despide xullo con dúas propostas ben distintas pero que comparten a exploración de correntes e tradicións na procura dunha sonoridade inconfundible.

Santiago, 23 de Xullo de 2021

Estes días transcorre no Gaiás a quinta edición das Residencias Paraíso, un programa de creación e investigación en danza e artes vivas promovido polo colectivo RPM co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais e da Fundación Cidade da Cultura, e coa colaboración do Concello de Santiago, o Concello da Coruña, o Concello de Lugo, o Concello de Ferrol, a Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deporte da UDC, e a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.

Santiago, 23 de Xullo de 2021

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presentou hoxe o novo ciclo Comicamente, impulsado polas empresas Con de tres pés, Etiqueta Negra e Ainé Producións co apoio da Xunta de Galicia para levar o humor a 12 concellos da Comunidade desde finais de xullo a comezos de setembro. O proxecto, enmarcado na programación do Xacobeo 21-22, súmase ás iniciativas postas en marcha polo Goberno galego co obxectivo de contribuír á reactivación do sector cultural.

Páxinas