O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, inaugurou hoxe no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura Castillo, escultor, a primeira exposición retrospectiva realizada ata o momento que se centra na escultura de Jorge Castillo, unha faceta artística que se ben é máis descoñecida, comparte a grandeza da súa obra pictórica, nun diálogo constante entre ambas disciplinas.
A Xunta de Galicia promove o coñecemento da figura de Valle-Inclán a través do espectáculo Claves Líricas, un proxecto do músico vigués Teo Cardalda que mestura teatro e música, nunha sorte de sorprendente ópera-pop arredor da obra poética do creador do esperpento. Trátase dunha das actividades realizadas ao abeiro do Xacobeo 21-22 e poderá verse ao longo do mes de outubro –con entrada de balde– en catro localidades galegas: Gondomar, Culleredo, Vilanova de Arousa e Santiago de Compostela.
En conmemoración do Día Mundial da Saúde Mental, a Cidade da Cultura acollerá o domingo 10 de outubro o espectáculo DeMente, da compañía de danza Fran Sieira. A representación terá lugar ás 20,30 horas no andar -1 do Museo Centro Gaiás e as entradas para o espectáculo xa están á disposición do público a un prezo de 5 euros na web de Ataquilla.
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe na Biblioteca e Arquivo de Galicia a exposición Sobre dous raís: o ferrocarril no Arquivo de Galicia, un percorrido pola historia da vía férrea a través de 59 documentos que inclúen desde fotografías, a expedientes administrativos, correspondencia, billetes de tren ou folletos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 69
- 70
- 71
- 72
- 73
- 74
- 75
- 76
- 77
- …
- seguinte ›
- última »




