O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, inaugurou hoxe na Cidade da Cultura unha xornada técnica que, baixo o título Panorama actual das bibliotecas autonómicas, reúne no Gaiás durante dous días a representantes da Biblioteca Nacional de España e do Ministerio de Cultura e Deporte, ademais de responsables dos sistemas centrais de institucións bibliotecarias a nivel territorial de 16 comunidades e de Ceuta. Trátase dun encontro que se celebra por primeira vez en Galicia e no que se analiza o futuro destes centros.
A Cidade da Cultura é o escenario elixido para o primeiro concerto da xira da Sinfónica de Galicia coa cantaora Marina Heredia, que fará o seu debut coa orquestra o 17 de decembro no Museo Centro Gaiás.
O Museo Centro Gaiás acolle desde hoxe a exposición Xuventude Crea. Máis dunha década, que repasa os máis de dez anos de vida dun programa que busca recoñecer e dar visibilidade á innovación da xente nova de Galicia en 14 disciplinas diferentes. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu esta mañá á inauguración da mostra na Cidade da Cultura.
A Cidade da Cultura acolle hoxe a terceira edición do #Culturalike, un encontro promovido pola Xunta de Galicia –e enmarcado na programación arredor da exposición Galicia futura–, para reflexionar sobre as claves da divulgación cultural e científica en internet.
A Xunta de Galicia dá a coñecer este domingo no marco da feira Culturgal, celebrada en Pontevedra, as actividades de Nadal que terán lugar no Gaiás a partir do 17 de decembro. A programación conta cunha instalación no interior do museo a cargo da recoñecida artista Ana Inés Jabares-Pita, que recreará o Camiño de Inverno a través de bólas de neve a escala humana.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 71
- 72
- 73
- 74
- 75
- 76
- 77
- 78
- 79
- …
- seguinte ›
- última »




