Sala de prensa

 
Santiago, 25 de Outubro de 2021

A Xunta de Galicia vén de recoñecer o proxecto Unha biblioteca para Xela, da Biblioteca Pública Municipal Xela Arias de Chapela (Redondela), co IV Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia, que ten como obxectivo impulsar e pór de relevo os proxectos e boas prácticas innovadoras levadas a cabo polas bibliotecas e axencias de lectura públicas municipais.

Santiago, 23 de Outubro de 2021

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, avanzou esta mañá no Gaiás o contido do programa de Carta de Santiago, un dos principais eventos de reflexión no marco do Xacobeo 21-22, organizado pola Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación Paideia Galiza. Este encontro internacional, que terá lugar entre o 5 e 7 de novembro na capital galega, congregará 40 líderes en eidos como a ciencia, a cultura, o medio ambiente ou o cambio social.

Santiago, 20 de Outubro de 2021

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, inaugurou hoxe no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura Castillo, escultor, a primeira exposición retrospectiva realizada ata o momento que se centra na escultura de Jorge Castillo, unha faceta artística que se ben é máis descoñecida, comparte a grandeza da súa obra pictórica, nun diálogo constante entre ambas disciplinas.

Santiago, 18 de Outubro de 2021

A Xunta de Galicia promove o coñecemento da figura de Valle-Inclán a través do espectáculo Claves Líricas, un proxecto do músico vigués Teo Cardalda que mestura teatro e música, nunha sorte de sorprendente ópera-pop arredor da obra poética do creador do esperpento. Trátase dunha das actividades realizadas ao abeiro do Xacobeo 21-22 e poderá verse ao longo do mes de outubro –con entrada de balde– en catro localidades galegas: Gondomar, Culleredo, Vilanova de Arousa e Santiago de Compostela.

Páxinas