En conmemoración do Día Mundial da Saúde Mental, a Cidade da Cultura acollerá o domingo 10 de outubro o espectáculo DeMente, da compañía de danza Fran Sieira. A representación terá lugar ás 20,30 horas no andar -1 do Museo Centro Gaiás e as entradas para o espectáculo xa están á disposición do público a un prezo de 5 euros na web de Ataquilla.
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe na Biblioteca e Arquivo de Galicia a exposición Sobre dous raís: o ferrocarril no Arquivo de Galicia, un percorrido pola historia da vía férrea a través de 59 documentos que inclúen desde fotografías, a expedientes administrativos, correspondencia, billetes de tren ou folletos.
A Xunta de Galicia e Afundación inauguraron esta tarde en Vigo a última das exhibicións da mostra As miradas de Isaac.
A Xunta programa na Cidade da Cultura de Galicia os sábados 18 e 25 de setembro dous concertos didácticos para público familiar no andar -1 do Museo Centro Gaiás. Baixo o título Camiños de Músicas, o ciclo ofrecerá un percorrido polas influencias sonoras do Camiño co fin de embarcar o público nunha peregrinación didáctica polo patrimonio musical.
O WOS Festival x SON Estrella Galicia celebra desde mañá venres e durante toda a fin de semana a súa Lite Edition, para a que conta cun dobre apoio económico da Xunta. Dunha banda, a través da marca FEST Galicia para a promoción da nosa Comunidade como destino musical seguro e de calidade, e doutra, como un dos 19 eventos adxudicatarios das subvencións da Consellería de Cultura, Educación e Universidade a festivais profesionais de música.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 75
- 76
- 77
- 78
- 79
- 80
- 81
- 82
- 83
- …
- seguinte ›
- última »




