A Cidade da Cultura de Galicia despide o vindeiro domingo 9 de xaneiro a exposición Galicia futura. Todo o que imos ser, que chega á súa derradeira semana no Museo Centro Gaiás superando as 35.000 visitas e cunha media diaria de arredor de 250.
A Cidade da Cultura acolle este luns 3 de xaneiro o último dos espectáculos incluídos na programación do Nadal no Gaiás deste ano, unha proposta de La Fiesta Escénica especialmente deseñada e construída para levar ao escenario a maxia dos circos e do Nadal. As familias asistentes poderán abraiarse con animais animatrónicos, creados coa aparencia e o movemento de animais de verdade, ademais de especialidades circenses como aéreos, equilibrios, acrobacias ou malabares.
A Cidade a Cultura de Galicia pecha 2021 acadando un máximo histórico no número de participantes nas actividades do seu programa cultural, cun total de 229.462, o que representa un incremento dun 20% respecto ao 2019, último ano antes de pandemia.
A Xunta inaugurou hoxe na Biblioteca de Galicia unha exposición no marco da conmemoración do centenario da morte de Emilia Pardo Bazán. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén impulsando durante este ano esta efeméride con diversos actos, congresos, actividades de formación ou mostras como a que está aberta ao público no Gaiás ata xaneiro de 2022. Sempre palpitante.
A Xunta de Galicia convida ás familias a percorrer O marabilloso Camiño de Inverno na Cidade da Cultura, unha instalación que nos transporta á Ruta Xacobea, atravesando un bosque de luz poboado por globos de neve xigantes e pequenos que atesouran no seu interior paisaxes, monumentos e cidades emblemáticas do Camiño.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 67
- 68
- 69
- 70
- 71
- 72
- 73
- 74
- 75
- …
- seguinte ›
- última »




