Sala de prensa

 
Santiago, 05 de Abril de 2023

Coincidindo coa Semana Santa, a Xunta de Galicia renova a instalación de realidade virtual do Galiverso na Cidade da Cultura, estreada hai xa varios meses, cunha nova proposta para descubrir o patrimonio galego oculto baixo as nosas augas.

Santiago, 04 de Abril de 2023

A Cidade da Cultura de Galicia despide o domingo 9 de abril a exposición Camiños creativos, un percorrido pola relación entre arte e movemento desde o século XVIII ata os nosos días, que amosa no Museo Centro Gaiás obras de grandes mestres da pintura e da fotografía —desde Turner, a Constable, Courbet, Sorolla ou Cartier-Bresson— e referentes da creación contemporánea máis actual.

Santiago, 27 de Marzo de 2023

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe a novena edición do festival de teatro, danza e arte en acción Escenas do cambio, que dirixe Lola Correa e que este ano pon o foco na realidade e nas transformacións sociais do noso presente máis inmediato.

Santiago, 22 de Marzo de 2023
Fitotario. Fotos: Manuel G. Vicente

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe nas Torres Hejduk da Cidade da Cultura Fitotario, unha intervención artística que une tecnoloxía e natureza nunha experiencia inmersiva creada pola artista visual Macarena Montesinos Fandiño, en colaboración co artista sonoro Miguel Seoane.

Santiago, 11 de Marzo de 2023

O ciclo Clásicas Desfeitas, impulsado pola Xunta de Galicia a través do Centro Dramático Galego e a Cidade da Cultura, programa este mes de marzo dúas pezas de nova creación coa muller como figura central. Antígona, protagonista da traxedia de Sófocles, e as autoras fundacionais da literatura mexicana e galega, sor Juana Inés de la Cruz e Rosalía de Castro, son a fonte de inspiración para os volumes 6, 7 e 8 do ciclo, que permite ao público redescubrir clásicos da literatura a través doutras disciplinas artísticas e cunha ollada contemporánea.

Páxinas