A Xunta inaugurou hoxe no Arquivo de Galicia, coincidindo co 8 de marzo, a exposición Voces esquecidas. As mulleres do Hospital de Conxo, centrada na saúde mental abordada desde unha perspectiva de xénero. A mostra poderá verse na Cidade da Cultura ata setembro e está enmarcada na serie Mulleres Sobranceiras que cada ano se organiza con motivo do Día Internacional da Muller.
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, acompañado polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, inaugurou hoxe na Cidade da Cultura a exposición Detrás do espello, un proxecto que percorre a pegada de Galicia na vida ou na obra de medio centenar de grandes nomes da cultura universal, desde García Márquez, Albert Einstein, Ernest Hemingway, Luis Buñuel, Federico García Lorca, Julio Cortázar, Mike Oldfield, David Chipperfield, Anna Tur
A Xunta vén de convocar a XIII edición do Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura – EAN que, co obxectivo de apoiar o talento emerxente, ofrece a 40 novas figuras da creación contemporánea a oportunidade de participar nunha estancia de catro días no Gaiás, durante a que presentar o seu proxecto creativo persoal e compartir coñecementos e aprendizaxes con outros artistas noveis, e tamén consolidados nomes do panorama contemporáneo.
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, asistiu no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura á instalación en sala dunha das obras máis destacadas que se exhibirán na exposición Detrás do espello: o diario manuscrito do escritor austríaco Stefan Zweig, que por vez primeira se pode ver en España.
A Xunta vén de presentar o programa de Residencias Artísticas do Gaiás, REGA23, que prestará apoio ao desenvolvemento dunha vintena de novas propostas de vangarda aproveitando os espazos e recursos técnicos da Cidade da Cultura. Nesta edición, as residencias reforzan os seus vínculos con entidades galegas que traballan no ámbito da cultura e con organizacións e artistas de América Latina e da lusofonía en liña cos obxectivos do Plan Xeración Cultura.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- 58
- 59
- 60
- 61
- …
- seguinte ›
- última »




