Sala de prensa

 
Santiago, 28 de Agosto de 2023

O director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo, recibiu hoxe os 40 creadores emerxentes que ata o vindeiro xoves 31 de agosto participan no Gaiás na décimo terceira edición do Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura de Galicia, EAN13, onde poderán presentar publicamente os seus traballos e aprender de figuras consolidadas neste foro aberto ao intercambio de ideas, experiencias e procesos creativos.

Santiago, 17 de Agosto de 2023

A Xunta de Galicia convida as familias a gozar este verán dunha das citas clásicas do Gaiás, Cidade imaxinaria, que regresa tras un parón ocasionado pola pandemia. Esta xornada lúdica e familiar que enche de fantasía a Cidade da Cultura volve celebrarse este ano o sábado 9 de setembro cunha proposta de xogos e espectáculos para mergullar a pequenos e maiores na maxia e ilusión do circo.

Santiago, 10 de Agosto de 2023

A Consellería de Cultura vén de designar á coreógrafa e mediadora cultural Kirenia Martínez (Cuba, 1980) como nova directora artística de Escenas do cambio, o festival de teatro, danza e arte en acción que ten lugar na Cidade da Cultura e que o próximo ano celebrará a súa décima edición.

Con máis de vinte anos de experiencia —19 deles residindo en Galicia— e unha longa traxectoria artística, a tamén bailarina e fundadora de Kirenia Danza substitúe a Lola Correa, a quen a Consellería de Cultura agradece o seu importante labor á fronte de Escenas do cambio.

Santiago, 02 de Agosto de 2023

A Xunta de Galicia convida a gozar dun agosto musical na Cidade da Cultura cos dez concertos de Atardecer no Gaias, festival que achega a Santiago nomes como Bejo, Natalia Lacunza ou o francés Ben L’oncle Soul. 

Santiago, 30 de Xullo de 2023

Esta semana a Cidade da Cultura pecha por todo o alto o ciclo de concertos Atardecer no Gaiás, impulsado pola Xunta de Galicia, coas actuacións do francés Ben L’Oncle Soul e da estrela do pop Natalia Lacunza. O soulman presenta o mércores 30 o seu disco máis espiritual e íntimo, no que combina o encanto do R&B vangardista e as raíces da música soul.

Páxinas