Sala de prensa

 
Santiago, 31 de Outubro de 2023

A Xunta de Galicia, a través da Cidade da Cultura vén de seleccionar a proposta H+E, presentada pola artista visual Isabel Merchante e o crítico, comisario e historiador da arte Óscar Manrique, como gañadora do Concurso de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk, convocado entre os creadores e creadoras participantes no XIII Encontro de Artistas Novos, EAN13.

Santiago, 15 de Outubro de 2023

Coincidindo co centenario da fundación do Seminario de Estudos Galegos, a Xunta de Galicia organiza no Gaiás un programa especial de actividades ao redor da exposición Luz na Terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura.

Santiago, 14 de Outubro de 2023
A Cidade da Cultura suma catro novos proxectos na segunda convocatoria de axudas do Programa de Residencias Artísticas do Gaiás (REGA) impulsados pola Xunta de Galicia.
Santiago, 13 de Outubro de 2023

A Cidade da Cultura despide este domingo a exposición Relatos contemporáneos desde a Colección CGAC. A mostra forma parte de Traballo en equipo.

Santiago, 06 de Outubro de 2023

A Xunta inaugurou hoxe na Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura a mostra bibliográfica As mulleres do Seminario de Estudos Galegos coa que rende homenaxe á institución no centenario do seu nacemento, desta vez dende outra perspectiva. A exposición céntrase nas mulleres que tiveron algún tipo de relación co Seminario, ben como socias activas, ben como protectoras ou usuarias da súa biblioteca.

Páxinas