#EAN13: publicada a listaxe das 40 persoas seleccionadas para participar no XIII Encontro de Artistas Novos

Santiago de Compostela, 09 de Xuño de 2023

Xa está publicada listaxe provisional cos nomes dos 40 creadores e creadoras emerxentes seleccionadas para participar no XIII Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura de Galicia, #EAN13. Nesta residencia artística no Gaiás –que terá lugar entre o 28 e o 31 de agosto- poderán presentar o seu proxecto creativo, así como intercambiar experiencias profesionais con outros artistas emerxentes e consolidados, comisarios ou prensa especializada.

Impulsado pola Xunta, o Encontro de Artistas Novos promove a creación contemporánea e o intercambio de coñecemento. Nas pasadas 12 edicións presentaron os seus traballos no EAN arredor de 700 creadores, entre eles recoñecidas figuras como Jorge Perianes, Lois Patiño ou Nuria Güell, que naquel momento comezaban a abrirse paso no mundo da arte.