Un total de 1.266 persoas entraron xa no Galiverso desde a súa apertura o pasado 20 de outubro na Cidade da Cultura. O proxecto de realidade virtual, impulsado pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, recibiu 40 visitantes de media cada día neste período, que puideron gozar da ducia de experiencias de realidade virtual que se ofertan no Museo Centro Gaiás.
A Consellería de Cultura vén de dar a coñecer a programación para este ano do Nadal no Gaiás, cunha variada oferta pensada para gozar en familia. As actividades darán comezo o 16 de decembro co tradicional acendido da iluminación exterior e da Árbore de Nadal da Cidade da Cultura, e inclúen visitas especiais ao museo, obradoiros creativos, teatro e toda unha nova serie de experiencias de realidade virtual no Galiverso.
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe na sala de exposicións municipal do concello de Tui, no edificio Francisco Sánchez, O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra, unha mostra fotográfica que se asoma, a través de 71 instantáneas dos séculos XIX, XX e XXI, ás realidades, paisaxes e patrimonio da ruta xacobea que une as cidades do Porto e Santiago de Compostela.
A Cidade da Cultura súmase á reivindicación do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que se conmemora o 25 de novembro, cunha programación dirixida a todos os públicos e pensada para rachar cos roles de xénero, axudar a detectar e combater actitudes e comportamentos nocivos que afectan a mulleres e nenas en todo o mundo e favorecer a construción de relacións sas en igualdade.
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, acompañado pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, inaugurou hoxe na Cidade da Cultura a exposición Camiños creativos, un percorrido pola relación entre arte e movemento do século XVIII ata a actualidade.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 56
- 57
- 58
- 59
- 60
- 61
- 62
- 63
- 64
- …
- seguinte ›
- última »




