O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, presentou esta mañá o mural de Urbano Lugrís Translación do corpo do Apóstolo a Santiago, obra que a Xunta de Galicia vén de restaurar e recuperar para o patrimonio público e que se exhibe xa de xeito permanente na entrada principal do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.
A Cidade da Cultura recupera este ano o seu tradicional Baile de Entroido —que interrompera a súa celebración tras a pandemia— e convida ao público a unha divertida tarde de festa familiar na que a música de Paco Cerdeira Pakolas, e un gran baile de disfraces de temática relacionada coas viaxes no tempo serán os grandes protagonistas.
Preto de 300 instrumentistas e seis bandas e agrupacións musicais das cidades de Viveiro e Ferrol participan hoxe en Santiago de Compostela no certame BSO23 – Banda Sonora Orixinal da Túa Paixón, un encontro destinado a pór en valor o patrimonio musical que temos en Galicia vencellado ás celebracións da Semana Santa.
A Xunta de Galicia e o Instituto Cervantes inauguran hoxe en París, coa colaboración da Embaixada de España en Francia, a exposición Foi un home. Laxeiro en América (Buenos Aires, 1950-1970), en homenaxe a un dos pintores galegos máis relevantes do século XX e figura destacada da vangarda pictórica española. O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, á fronte da delegación galega, indicou que a mostra chega á capital francesa co obxectivo de reivindicar a nivel internacional o legado do artista.
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou esta mañá na Biblioteca de Galicia a exposición María Antonia Dans, a maxia da cor, a proposta central na programación da Xunta para celebrar o Día da Ilustración. A mostra bibliográfica, que pode verse na entrada deste edificio da Cidade da Cultura ata mediados de maio, reúne máis de 30 pezas entre libros, debuxos, prensa ou revistas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 54
- 55
- 56
- 57
- 58
- 59
- 60
- 61
- 62
- …
- seguinte ›
- última »




