Sala de prensa

 
Santiago, 06 de Outubro de 2023

A Xunta inaugurou hoxe na Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura a mostra bibliográfica As mulleres do Seminario de Estudos Galegos coa que rende homenaxe á institución no centenario do seu nacemento, desta vez dende outra perspectiva. A exposición céntrase nas mulleres que tiveron algún tipo de relación co Seminario, ben como socias activas, ben como protectoras ou usuarias da súa biblioteca.

Santiago, 30 de Setembro de 2023

A Xunta de Galicia programa na Cidade da Cultura tres concertos para o outono co ciclo Ópticas contemporáneas. A música reborda o pentagrama, que achegan ao público a música clásica desde unha perspectiva moderna. Serán tres actuacións a celebrar nas tardes do domingo 29 de outubro, o venres 3 de novembro e o domingo 26 de novembro.

Santiago, 12 de Setembro de 2023

A maxia e a fantasía volven ao Gaiás nesta xornada de sábado da man dunha nova edición de Cidade Imaxinaria, que xa se celebrou entre 2011 e 2019. Trátase dun programa da Xunta enteiramente de balde e con acceso libre para gozar en familia e despedir o verán na compaña de malabaristas, trapecistas, saltimbanquis, clowns, excéntricas personaxes e unha chea de xogos e actividades.

Santiago, 08 de Setembro de 2023

A Xunta de Galicia creará unha sección específica de arquitectura no Arquivo de Galicia, na Cidade da Cultura, coa intención de dar unha maior visibilidade, divulgar e conservar o extenso traballo e fondos documentais dos profesionais galegos desta disciplina. Así o manifestou hoxe o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, que asinou o protocolo de colaboración co decano do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG), Luciano Alfaya, no marco do arranque da celebración do 50 aniversario da entidade.

Santiago, 04 de Setembro de 2023

A Cidade da Cultura e o Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit-CSIC) apoian o desenvolvemento dunha nova residencia que combina investigación e experimentación artística para achegar ao público conceptos, teorías e coñecementos académicos dos eidos da antropoloxía e das ciencias sociais.

Páxinas