Sala de prensa

 
Santiago, 15 de Decembro de 2023

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, prendeu este venres a iluminación da grande árbore instalada no Museo Centro Gaiás dando así comezo á programación de Nadal na Cidade da Cultura. O Hall de Tirantes transfórmase nesta época nun mundo de fantasía onde o importante é crear un espazo para fuxir das présas destas datas, convidando a unha celebración máis sostible e sosegada, volvendo ás orixes: gozar en familia e compartir tempo e xogos.

Santiago, 12 de Decembro de 2023
Sinatura acordo exposición Tesouros reais. Foto: Rocío Cibes

A Xunta de Galicia vén de ratificar un acordo coa Fundación Calouste Gulbenkian de Lisboa e a Custodia de Terra Santa de Xerusalén para exhibir na Cidade da Cultura —entre marzo e agosto de 2024— o extraordinario e pouco coñecido tesouro artístico do Terra Sancta Museum. Santiago de Compostela será o único punto en España onde se poderá ver este conxunto de obras que agora mesmo se exhiben na capital portuguesa, onde veñen de iniciar un itinerario internacional que as achegará a diversas cidades de Europa e América.

Santiago, 04 de Decembro de 2023

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, presentou hoxe unha nova instalación inmersiva na Cidade da Cultura que combina arte e tecnoloxía ao servizo dun relato que promove a descuberta da biodiversidade e a responsabilidade á hora de relacionarnos co medio ambiente. Hábitats.

Santiago, 30 de Novembro de 2023

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor hoxe a obra de José María Barreiro como crónica visual da memoria colectiva da nosa comunidade e exemplo de entendemento profundo coa identidade galega.

Santiago, 20 de Novembro de 2023

A Xunta impulsa un novo proxecto de dixitalización do patrimonio que reconstrúe e permite visitar a antiga vila de Portomarín tal como era antes de quedar asolagada polo río Miño en 1963 coa construción do encoro de Belesar. Esta nova experiencia intégrase dentro do Galiverso na Cidade da Cultura, unha iniciativa que amosa dunha maneira diferente e aberta a riqueza histórica e natural do país mediante o uso da realidade virtual.

Páxinas