A exposición Nicolás Muller. Vento Norte despídese este domingo 5 de novembro do Museo Centro Gaiás logo de recibir preto de 15.000 visitas desde o mes de xullo. A mostra descobre os traballos menos coñecidos que o fotógrafo de orixe húngara realizou nos anos 60 do pasado século en Galicia e nas comunidades do Cantábrico español, así como unha selección das súas imaxes máis célebres.
A Xunta de Galicia, a través da Cidade da Cultura vén de seleccionar a proposta H+E, presentada pola artista visual Isabel Merchante e o crítico, comisario e historiador da arte Óscar Manrique, como gañadora do Concurso de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk, convocado entre os creadores e creadoras participantes no XIII Encontro de Artistas Novos, EAN13.
Coincidindo co centenario da fundación do Seminario de Estudos Galegos, a Xunta de Galicia organiza no Gaiás un programa especial de actividades ao redor da exposición Luz na Terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura.
A Cidade da Cultura despide este domingo a exposición Relatos contemporáneos desde a Colección CGAC. A mostra forma parte de Traballo en equipo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- …
- seguinte ›
- última »




