A Cidade da Cultura de Galicia acolleu este sábado preto dun milleiro de persoas que percorreron os espazos exteriores do Gaiás baixo unha poeira de cores para celebrar a primavera. A Holi Gaiás, popular carreira lúdica que cumpre a súa sexta edición, converteuse xa nun clásico das festas ao aire libre en Santiago de Compostela desta época do ano, coa súa mestura de deporte, natureza e música e onde o espírito lúdico se impón ao competitivo.
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou esta mañá no Arquivo de Galicia a exposición Mentes no labirinto: saúde mental, cultura e inclusión, con motivo da celebración este domingo do Día Internacional dos Arquivos.
A Xunta de Galicia celebra na Cidade da Cultura o Día da Música con Budiño, un dos músicos galegos máis internacionais, que presentará o seu último disco nun concerto gratuíto o venres 21 de xuño no Gaiás. O gaiteiro virá acompañado para a ocasión dun elenco de novas voces e talentos do neo-tradicional galego, cos que comparte o seu amor pola música de raíz e a vontade de experimentar coa electrónica.
A Cidade da Cultura programa este verán o campamento urbano Raíces e ás, unha proposta concibida para facilitar ás familias a conciliación nas derradeira semana de xuño e primeira de setembro e tamén para crear entre a rapazada unha conciencia ambiental sólida, fomentando valores como o vencello coa natureza, o espírito de descubrimento, a creatividade, a igualdade, a convivencia e o traballo en equipo.
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou hoxe na Cidade da Cultura a exposición Outras historias posibles, un proxecto que promove unha mirada diversa sobre a historia da arte contemporánea galega, reivindicando as traxectorias de Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- …
- seguinte ›
- última »




