A Xunta de Galicia convoca a creadores emerxentes a participar na décimo cuarta edición do Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura (EAN14). O encontro ofrece a 40 novas figuras da arte contemporánea a oportunidade de participar nunha estancia de catro días no Gaiás durante a que presentar o seu proxecto creativo e compartir aprendizaxes con outros artistas emerxentes, así como consolidados nomes do panorama contemporáneo que participan como relatores.
A Xunta convoca aos escritores e escritoras inéditos de Galicia a participar na cuarta Residencia Literaria da Cidade da Cultura para dar impulso aos seus proxectos de narrativa. Dirixida polo escritor Javier Peña, a residencia é un espazo de aprendizaxe en común aberto á análise, a crítica e o eloxio no que participarán tamén dúas novas voces destacadas nas letras actuais, a escritora catalá Irene Solà e o galego Brais Lamela.
Un díptico teatral de Antón Reixa e Antela Cid recupera as vidas das personaxes esquecidas pola literatura dramática clásica para facelas protagonistas dos volumes X e XI das Clásicas Desfeitas. Baixo o título Míticas pero secundarias, este espectáculo duplo pechará os días 23 e 24 de febreiro unha nova edición do ciclo escénico promovido pola Xunta de Galicia dentro do programa de Residencias Artísticas do Gaiás.
A Cidade da Cultura estrea hoxe Hamlet, o de Cunqueiro, unha visión renovada da peza teatral que busca a complicidade e interacción co público para axudar a resolver os enigmas que atormentan ao Príncipe de Dinamarca. O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asistiu esta tarde á primeira representación da obra, impulsada pola Xunta de Galicia a través das Residencias Artísticas do Gaiás e en colaboración co Centro Dramático Galego.
A Xunta de Galicia vén de pechar acordos de colaboración con Museos Nacionais de Historia e Arqueoloxía de Suecia, Dinamarca, Francia e España para a organización da mostra internacional Unha vida viquinga, que exhibirá no Museo Centro Gaiás máis dun centenar de pezas vencelladas coa cultura viquinga, a meirande parte nunca antes amosadas en España.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- …
- seguinte ›
- última »




