O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, inaugurou hoxe a exposición Tesouros Reais. Obras mestras do Terra Sancta Museum no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura. Será a primeira vez que estas pezas se expoñan en España e, ademais, Galicia será o único destino nacional no que se poderá visitar.
O nuncio do Papa en España, Bernardito Auza, e o custodio de Terra Santa, Francesco Patton —máximo responsable da institución gardiá desde fai 800 anos dos Santos Lugares en Xerusalén— viaxarán a Santiago de Compostela para asistir este xoves á cerimonia de inauguración da exposición Tesouros reais. Obras mestras do Terra Sancta Museum no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura.
A Xunta presentou hoxe o programa da décima edición de Escenas do cambio na Cidade da Cultura, unha cita que consolida a aposta do Goberno galego por xerar espazos para o desenvolvemento da vangarda nas artes escénicas. Dirixido pola bailarina e coreógrafa Kirenia Martínez, este aniversario, que decorrerá entre os días 3 e 5 de maio, concíbese como unha celebración da traxectoria do festival e da súa capacidade transformadora.
A Xunta inaugura no Arquivo de Galicia, con motivo da celebración mañá do Día Internacional de Muller, a exposición Fillas de Galicia. Mulleres na emigración, centrada na desigual participación que tiveron homes e mulleres nas asociacións galegas de emigrantes, tanto en América como en España.
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, participou esta tarde na inauguración da exposición Ourense no tempo, onde puxo en valor a relevancia que posúen as cidades galegas como elementos “integradores e vertebradores” da nosa cultura, en referencia á relación coa paisaxe, coa estrutura económica e coa propia historia da Comunidade.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- …
- seguinte ›
- última »




