A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude clausura este domingo 26 de xaneiro no Museo Gaiás Outras historias posibles, exposición que reclama para as novas xeracións o talento de seis mulleres que despuntaron a finais do pasado século XX na arte contemporánea feita en Galicia: Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré.
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude clausurou o pasado domingo Unha vida viquinga. A exposición, organizada en colaboración con museos nacionais de Historia e Arqueoloxía de Suecia, Dinamarca, Francia e España, pecha as súas portas como unha das mostras internacionais organizadas polo Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura con mellor acollida por parte do público, tras recibir 60.123 visitas.
A Residencia Literaria que a Xunta de Galicia celebra na Cidade da Cultura acaba de propiciar o debut na narrativa galega de dúas das súas participantes na edición de 2023. A mexicana Sara Guerrero e a naronesa Ana Varela acaban de publicar en dúas editoriais galegas os libros Eu son o monte e Runrún, respectivamente. Ambos os dous son os proxectos cos que traballaron o pasado ano no encontro formativo da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para escritores noveis polo que xa pasaron algúns dos autores e autoras que están a despuntar no panorama literario actual.
A Xunta de Galicia premiou hoxe a creatividade amosada polos máis pequenos e pequenas da casa no tradicional concurso infantil de postais da programación de Nadal no Gaiás.
A Cidade da Cultura e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia traballan en abrir novas vías de colaboración que contribúan a unha programación cultural inclusiva e accesible a toda a cidadanía. Neste sentido, un grupo de persoas xordas e xordo-cegas visitou a exposición Unha vida viquinga, co apoio de intérpretes en lingua de signos e da aplicación móbil de guiado da mostra.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- …
- seguinte ›
- última »




